De Tapas e Tendas por Arteixo

Arteixo (A Coruna)
splash

Información del concurso

Durante 2 fins de semana Arteixo disputa o seu coñecido e exquisito Concurso de Tapas, do 25 ao 27 de Agosto e do 1 ao 3 de septembro. Nesta ocasión ademáis, faino coincidindo do 2 ao 3 de Septiembro coa Feria de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” e cun roteiro de “Tendas na Rúa”, unha serie de comercios que liquidan restos de stock en postos nas rúas peonís máis céntricas da localidade.

 A Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Arteixo, Arteixo Centro Comercial Aberto, co patrocinio do Concello de Arteixo e de Coca Cola, volve á carga co clásico concurso de Tapas na sua edición de verán, pero de novo resístese a que o clásico sexa sempre igual, presentando interesantes novidades.         

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Nesta ocasión, os 12 locais de Hostalería participantes, asistiron en Xuño a un Curso de Cociña de Tapas Creativas, e neste concurso van demostrar o que aprenderon, coidando máis que nunca o sabor e a presentación das suas tapas. Na busca constante de mellora e profesionalización, non só poñen o foco na cociña, senon que esta edición do Concurso, engade un novo premio e categoría que os clientes poderán votar. Ademáis de votar a mellor tapa, os consumidores valorarán o local que ofrece o mellor servizo de sala, e será Coca Cola quen patrocine este premio ao “Mellor Servizo: O Servizo con máis Chispa”, na sua liña de apoio á formación e mellora continua dos locais de hostalaría, como é patente por exemplo nas suas plataformas www.bartalentlab.com, ou en hostelería #porelclima.

 Así os clientes do concurso, saborearán deliciosas tapas, a partir de 6 tapas degustadas e co selo no seu roteiro, poderán votar a sua tapa favorita, o mellor servizo, e unha vez máis, por participar, entrarán no sorteo de 2 premios de 150 € y 1 premio de 300 €. También sortearemos 4 botellones magnum de 1,5 l de Viño Torre La Moreira e outros 4 de Regina Viarium, gracias á colaboración co Concurso destas duas marcas de Viño e do seu distribuidor oficial na comarca: Distribuciones Cotelo.

 Pero ainda hai máis novidades. O concurso nesta ocasión prolongarase durante 2 fins de semana, do venres 25 ao domingo 27 de agosto y do 1 ao 3 de septembro, e nesta segunda fin de semana coincidirá coa Feria de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” y cun roteiro de “Tendas na Rúa”, así que será un momento fabuloso para pasear polas rúas de Arteixo, de bar en bar, vendo bos coches e de tenda en tenda, aproveitando as ofertas dos postos nas rúas peonís. De ahí o novo eslogan: “De Tapas e Tendas por Arteixo”,

 Polo demáis, como sempre: contas coa APP “Quedamos de Tapas” para enterarte de todo e chegar a todas partes sin perderte en ningún cruce,  bo ambente, boa comida, boa bebida e 2 fins de semana nos que non falta de nada: Tapas, Coca Cola, Coches, Moda, Premios… todo nunha cocteleira de luxo como é a localidade de Arteixo, a 15 minutos da Coruña, con grande facilidade para aparcar, e unhas rúas peonís e un paseo fluvial para disfrutar do ambente.

 Apunta!! Ir “De Tapas e Tiendas por Arteixo”, do 25 ao 27 de Agosto e do 1 ao 3 de Setembro.