Información del concurso
XA ESTÁ AQUÍ a edición de inverno do Concurso de Tapas por Arteixo
de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO!!
Do Xoves 16 ao Domingo 19 de Febreiro, 18 establecementos hosteleiros de Arteixo, ofrecerán en horario de mediodía e tarde-noite a sua tapa concursante (1,80 €), acompañada da tua bebida favorita, e festexamos así o "X Concurso de Tapas por Arteixo".
Neste concurso, hai 2 xurados. O máis importante son os propios consumidores, que cada 4 tapas consumidas e seladas nunha papeleta, poden emitir un voto coa sua opinión de cal é a mellor tapa de entre as 4 degustadas e seladas en cada papeleta. A cambio do seu voto, ademáis de disfrutar das deliciosas tapas, todas as papeletas válidas (con 4 selos e os datos do cliente) entran no sorteo de 2 premios de 150 € cada un, e un premio de 300 € en vales de compra válidos ata o 31 de marzo para as case 80 tendas, bares, restaurantes e empresas de servizos asociados ao CCA, que aparecen no listado de socios na web www.ccaarteixo.com.
Os consumidores elixen a "Mellor Tapa- Xurado Popular, mentres que contamos tamén cun xurado profesional, que elixe a "Mellor Tapa - Xurado Profesional - A Tapa con Máis Chispa". As tapas gañadoras reciben un diploma e trofeo e un agasallo de productos de Coca Cola, porque un ano máis contamos coa colaboración de COCA COLA, que nos invita a “SENTIR o SABOR DE COCA COLA, DE TAPAS POR ARTEIXO” unha edición máis.