Información del concurso
Bases del concurso
BASES 3º CONCURSO DE TAPAS
DE
SANTO TOME DO CARBALLO
1. PARTICIPANTES:
Poderán concursar todos os establecementos de hostalería do Concelllo de Taboada.
2. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:
- Cada establecemento participará cunha tapa. Os ingredientes e a elaboración da tapa describiránse nunha ficha técnica. Un dos productos da tapa ten que proceder de orixe porcino
- O prezo de venta ao público terá un valor de 1,00€.
- Os establecementos inscritos deberán expoñer ó público o cartel que se lle facilite co nome da tapa coa que participen e o prezo da mesma.
- As tapas deberán estar dispoñibles para o público como mínimo 19:00 A 23:00 horas.
- As categorías de valoración serán as seguintes:
- Tapa tradicional.
- Entregaráselle a cada establecemento:
- Cartel identificativo como participante do concurso.
- Urna de depósito de votos.
- Cupóns de votacións.
- Folletos publicitarios.
O incumprimento de calquera dos puntos anteriormente relacionados será motivo de exclusión deste concurso.
3. DESENROLO DO CONCURSO:
3.1. INSCRICION
3.2. FASES DO CONCURSO:
- CONCURSO: desenrolarase os días 17, 18 e 19 de Febreiro do 2017.
3.3. RECONTO DE VOTOS:
O día 21 de febreiro, fin do concurso, membros da Asociación de Hostalería a partir das 11:00h recollerán as urnas dos distintos establecementos participantes. Procederase ó reconto de votos o día 21 de Febreiro as 12:00 horas, determinándose deste xeito o gañador do concurso que será o mais votado polo xurado popular.
4. XURADOS:
Xurado Popular: terán a condición de Xurado Popular os consumidores das tapas do concurso, mediante os seus votos. Será o voto válido cando o cupón de votación esté selado por todos os establecemento participantes no concurso. Neste cupón irán os datos do consumidor e o nome do establecemento votado.
Non se considerarán válidos os cupóns que non estén selados correctamente.
O Xurado Popular decidirá o gañador do concurso (tapa máis votada).