PicoTeo (Gastroxornadas)

Teo (A Coruña)
splash

Información del concurso

O Concello de Teo organiza as xornadas enogastronómicas culturais PicoTeo 2017 nas que participan dezanove establecementos de hostalaría local. O PicoTeo funcionará os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de outubro e o 3, 4 e 5 de novembro. A clausura destas primeiras xornadas gastronómicas farase o 11 de novembro na Feira do San Martiño en Calo.

Segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Conchi García, "traballamos e impulsamos estas xornadas como estratexia de desestacionalización turística e para dinamizar a oferta turística e enogastronómica no Concello de Teo". O Picoteo oferta "Pinchos", "Racións" e "Menús", según a opción que escolleu cada local participante. Cada unha destas propostas ten como protagonistas principais os queixos, os viños galegos e o pan con certificación de calidade.

Cada pincho, ración e menú está maridado cun viño galego con denominación de orixe. Os prezos do pincho e a copa son 3 euros; da ración e dúas copas serán 7,5 euros e o menú con copa de viño serían 15 euros. O horario no que se servirán as tapas, racións e menús son de 13:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas.

Establecementos participantes

Os establecementos que participan nesta iniciativa son os seguintes: Carboeiro, O Carmelo, A Capilla, Pazo de Adrán, As Brasas, Bariloche, O Rincón de Sara, Congreso, Maradentro, Canaletto, A Veiga, Portugalicia, Armando Blanco, O Son do Miño, María Castaña, A Raiola, O Pintor, Chaves e Casa Pernas. 

Eventos culturais

As xornadas enogastronómicas PicoTeo terán tamén un importante compoñente cultural e nos locais haberá música en vivo. Algúns establecementos terán sesión vermú e outras músicas nocturna. Tamén hai dúas ofertas musicais diferenciadas, cun grupo de gaiteiros ou un cuarteto de vento. Os músicos pertencen á banda da SR de Calo.

 

Clausura no San Martiño

Un dos momentos importantes do PicoTeo será a clausura, o 11 de novembro na feira do San Martiño. O programa dese día conta coa colaboración da consellería de Medio Rural e dos Consellos Reguladores dos produtos certificados galegos: dos viños (DO Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra), coma os queixos (DOP Queixo Tetilla, Arzúa Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro) como a IXP Tenreira Galega, Pataca Galega, Pan de Cea, Mexillón de Galicia, Mel de Galicia, Castaña de Galicia e Augardentes e licores tradicionais.

O programa do 11 de novembro virá moi cargado de actividades. Poderemos desfrutar do taller "Percorrer Galicia a través dos seus viños, dende dentro da copa" a cargo da sumiller Mercedes González; haberá unha demostración culinaria con produtos das distintas certificacións de calidade galegas; unha cata comentada dos catro queixos con denominación de orixe e elaboracións culinarias; un obradoiro de elaboración de pan e unha cata comentada dos viños teenses dentro da DO Rías Baixas.  Na carpa municipal ese 11 de novembro tamén se darán a coñecer os resultados dos sorteos do PicoTeo 2017. 

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

Saborea o Picoteo e gaña premios

 

Premio analóxico: Tres cestas con produtos gastronómicos do país con certificacións de calidade.

Participar no sorteo é moi sinxelo, só tes que desgustar o pincho, a ración ou o menú no local participante, encher a papeleta (que che entregarán coa consumición) cos teus datos persoais, indicar qué foi o que degustaches e depositala na urna que para tal efecto terá o local á túa disposición. Podes cubrir tantas papeletas como pinchos, racións ou menús degustes en cada local.

 

Premio dixital: Cea + aloxamento + almorzo

Estancia dunha noite para dúas persoas, en réxime de media pensión (o menú enogastronómico da cea estará vencellado ao concurso) nun dos seguintes establecementos con encanto de Teo (a escoller pola persoa gañadora, que deberá verificar no Concello a dispoñibilidade do establecemento nas datas que elixa): Casa Grande de Cornide, Parada de Francos ou Pazo de Adrán.

 Para participar neste sorteo tes que seguir os seguintes pasos:

1. Deberás darlle a “Gústame” na páxina de Facebook de Turismo de Teo. https://www.facebook.com/turismoteo

2. Tes que subir ao teu muro, en modo público e etiquetando a turismoteo, unha foto do prato degustado (pincho, ración ou menú) facendo un comentario sobre o mesmo ou sobre o establecemento visitado. (Só se terán en conta as publicacións realizadas ata o 5 de novembro de 2017, inclusive).

Elaboraremos una lista numerada cos nomes de todas as persoas que seguiron estas indicacións, que serán as que opten ao premio. A listaxe farase pública antes do sorteo, para que poidas comprobar o número que che asignamos.

 

Os sorteos realizaranse na feira do San Martiño, na Carballeira de Francos,  o 11 de novembro de 2017, durante a clausura do Picoteo na Carpa Municipal.

Se es unha das persoas afortunadas verás o teu nome nos medios de comunicación, na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Teo.

 

Tes ata o 31 de novembro para reclamar os premios.