splash

Información del concurso

En Ribadeo somos amantes da cultura da boa comida, nós cremos que a cultura culinaria é parte importante na historia da nosa vila e do noso estilo de vida.

Conservamos os vínculos coa terra, o mar e a montaña, cos ingredientes que estes nos proporcionan; e a través da mesa, en lugares propios ou sociais, creamos lazos que se converten nunha forma marabillosa de pasar o noso tempo á beira doutras persoas.

A característica que mellor nos define como amantes da gastronomía é unha viva curiosidade, practicamente obsesión, por achar auténticos e orixinais sabores.

Porque no noso pobo a gastronomía leva o xerme do talento visionario, sustento onde se apoian as nosas personalidades creativas, innovadoras e rompedoras.

Neste recuncho, sentimos un profundo respecto polos nosos cociñeiros locais, compoñedores de melodías que harmonizan olores, sabores e texturas.

Nesta décimo segunda edición do Ribadeo de Tapeo invitámoste a convértete no noso explorador culinario, e a través das tapas, redescubrirnos para ter unha visión máis auténtica e profunda da nosa esencia.

Ana María Martínez,

Concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local.

 

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

1-       ORGANIZACIÓN, PARTICIPANTES E CALENDARIO

A organización do XII Concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” está promovido polo departamento da Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello de Ribadeo.

1.1 Poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración de Ribadeo que se inscriban a tal fin e acepten estas bases, en calquera das súas tipoloxías: bar, mesón, restaurante e cafetería.

1.2 O evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura de tapas e fomentar a calidade da gastronomía da vila. A celebración do concurso levarase a cabo do 13 ao 21 de maio de 2017, ambos os dous incluídos.

 

2-       TAPAS

2.1 Cada establecemento poderá presentar 1 tapa como máximo, a un prezo de 1,50 euros, podendo ser frías ou quentes. As tapas presentadas ao concurso deberán ser ofertadas ao público durante os días de celebración do mesmo agás os días de peche oficiais de cada estabelecemento (aqueles que non teñen día de descanso, poderán establecer un día de descanso). O horario de servizo das tapas deberá ser como mínimo de 2 horas en horario de mañá-mediodía e 3 horas de tarde, agás aqueles estabelecementos que xustificadamente acrediten que o seu horario habitual é ou ben de tarde ou ben de mañá.

2.2 Todos os estabelecementos participantes están obrigados a presentarlle á organización fotografías da súa tapa con anterioridade ao 9 de abril de 2017. A organización porá un fotógrafo/a gratuíto a disposición dos estabelecementos. Para tal fin o fotógrafo/a e hostaleiro/a deberán concertar necesariamente a data entre os días 1 e 9 de abril, respectando na medida do posible as quendas por zonas que establecerá o fotógrafo/a e/ou a organización.

 

3-       PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo para a presentación no concurso rematará o día 28 de marzo do 2017, ás 14:00 horas. A candidatura presentarase no Rexistro do Concello coa seguinte documentación:

 

•              Boletín de inscrición debidamente cumprimentado, que deberá levar o selo do establecemento inexcusablemente.

•              Ficha técnica da receita/s, descrición do estabelecemento e COORDENADAS GPS.

•              Indicar se desexan ser ESTABELECEMENTO COLABORADOR: Serán establecementos colaboradores aqueles que doen un premio que poderá consistir nunha cea/comida ou aquel outro que o establecemento decida. Estes premios sortearanse entre o público que realice as diferentes rutas do tapeo. Os establecementos colaboradores contarán cun espazo especial na publicidade que se faga do evento e obterán un punto adicional que se sumará á puntuación final que resulte do baremo das outorgadas polo xurado profesional e polo público.

•              Indicar se desexan participar na II EDICIÓN DOS CANTOS DE TABERNA. Aqueles establecementos interesados en participar na II Edición dos Cantos de Taberna deberán indicalo na ficha de inscrición. Estes terán lugar o venres 19 de maio a partir das 20:00 horas e, como colaboración dos establecementos participantes, as consumicións básicas (auga, refrescos, viño corrente ou cervexa) dos grupos participantes,1 ou 2 como máximo, deberán ser ofrecidas gratuitamente. Os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10 persoas que irán acreditadas de xeito visible.

A organización reserva o dereito de excluír aqueles estabelecementos que non acheguen a documentación que se require. Ata o comezo do concurso a organización comprométese a gardar en estrito segredo profesional o nome e descrición das tapas ou petiscos.

 

4-       CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

1-            As tapas presentadas deberán figurar na oferta habitual do estabelecemento como mínimo durante os días de celebración do concurso exceptuando os días oficiais de peche do estabelecemento, que deberán ser detallados na ficha que se xunta e durante o mínimo de horas que se recolle no punto 2.1.

2-            Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo.

3-            Exhibir nun lugar visible do exterior do estabelecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso “Ribadeo de Tapeo”.

4-            Colocar, nun lugar visible e accesible, a urna deseñada ao efecto, na que o público depositará os votos que lle outorga a cada tapa.

5-            Dentro do estabelecemento, indicar e diferenciar de maneira visible na súa oferta as tapas que participen no Concurso.

6-            Dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as posíbeis futuras edicións do mesmo.

É motivo de expulsión do concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí estabelecidas.

 

5-       PREMIOS DO XURADO PROFESIONAL

5.1 Nesta edición 2017, como novidade, CAMBIARASE O FORMATO DE SELECCIÓN, así, á categoría “Premios do Xurado Oficial” CONCURRIRÁN SOAMENTE aqueles establecementos que así o desexen. Para isto deberán especificalo na folla de inscrición. Os premios son:

·         Primeiro Premio do Xurado: premio á mellor tapa, que consistirá en Diploma e placa.

·         Segundo Premio do Xurado: premio á segunda mellor tapa que consistirá en Diploma e placa.

·         Terceiro premio do Xurado: premio á terceira mellor tapa que consistirá en Diploma e placa.

·         Premio “Tapa de Ribadeo”: será a mellor tapa realizada con produtos da zona. Premio dotado con diploma e placa.

Os premios do Xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa.

A organización resérvase o dereito de conceder mencións especiais a aqueles petiscos que o consideren. O fallo do xurado será inapelable.

5.2 SELECCIÓN E XURADO Para aqueles establecementos que voluntariamente concorran aos premios do Xurado, a organización nesta edición convoca aos participantes a mostrar nun único local a tapa presentada de cara a, facilitar a labor do xurado e unificar criterios. Esta selección celebrarase o luns 22 de maio, en acto público, a partir das 17:00 horas no Hotel Restaurante Voar, sendo este establecemento colaborador pero non participante.

Cada candidato, previa comunicación da orde de actuación (alfabético), terá que elaborar a súa tapa, con cinco mostras para cada un dos membros do xurado, nun tempo máximo de 20 minutos. Para iso, deberá aportar a materia prima, o menaxe e a vaixela necesarios, e alí poderá dispoñer da infraestrutura previamente concretada pola organización, e sempre cumprindo a lexislación sanitaria vixente.

Durante o período de preparación, o responsable deberá explicar con detalle o proceso de creación, as materias primas e os obxectivos á hora de elaboralo; posteriormente, servirase ao xurado, que degustará a tapa e tomará as primeiras notas antes da deliberación final.

Nesta edición, e como colaboración dos establecementos participantes as tapas degustadas deberán ser ofrecidas gratuitamente.

5.3 CRITERIOS DE VALORACIÓN.Os criterios de valoración do xurado oficial serán os seguintes:

1. Elaboración da tapa, puntuarase de 0 a 10

2. Olor, textura e sabor, puntuarase de 0 a 10

3. Presentación, puntuarase de 0 a 10

4. Calidade do servizo, puntuarase de 0 a 10

5. Orixinalidade e creatividade, puntuarase de 0 a 10

Os premios do Xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa.

 

6-       PREMIOS DO PÚBLICO

6.1. A estes premios, ao igual que nas edicións anteriores, concorrerán todos os establecementos inscritos no Concurso.

·         Premio “Tapa do Público”: será a tapa máis votada polos clientes. Premio dotado con Diploma e placa.

 

·         Premio á “Mellor barra”: será a máis votada polos clientes e valorarase a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso), as instalacións (conservación, orde, limpeza e adecuación) así como a experiencia global cos clientes. Premio dotado con Diploma e placa.

6.2 PREMIO DO PÚBLICO : Este premio será seleccionado polos clientes. As votacións poderán realizarse nas urnas situadas nos establecementos participantes. O premio do público, será o que obteña a mellor puntuación. A mesma metodoloxía será a empregada para o PREMIO Á MELLOR BARRA.

Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento.

 

7-       PREMIOS

OS GAÑADORES DO CONCURSO, recibirán publicidade gratuíta ata a próxima edición 2018, onde se indicará que as súas tapas foron premiadas, por lo público ou xurado, na XII Edición do Ribadeo de Tapeo que servirá para reforzar o evento no seu conxunto.

Para tal fin, elaborarase unha publicación que servirá como ferramenta promocional nas oficinas de turismo (do centro da vila e Punto de Información Turística de As Catedrais), feiras turísticas e demais eventos promocionais, ademais da pantalla informativa situada no Parque San Francisco da Vila e na páxina web de Turismo.

Ademais, AOS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES agasallaráselles, cun programa formativo a través do cal terán a posibilidade de actualizar a web do seu establecemento e mellorar o posicionamento online da mesma.

  

8-       TAPAS ESPECIAIS

Nesta convocatoria os establecementos participantes poderán darlle difusión á posible oferta de tapas vexetarianas e tapas aptas para celíacos.

Co obxecto de garantir e asesorar aos participantes na presentación e elaboración de tapas sen glute, a organización colaborará coa Asociación de Celíacos de Galicia que será quen revisará e asesorará aos establecementos interesados no manexo, recomendacións e na correcta elaboración da tapa sen glute.

 

9-       DIFUSIÓN

A celebración do concurso darase a coñecer nos medios de comunicación con campañas publicitarias, carteis e folletos, ademais da promoción online a través de la web http://turismo.ribadeo.gal/tapeo e nas distintas plataformas de redes sociais de Facebook, Twitter e Instagram e a APP contratada ao efecto. Crearase un Hashtag #Ribadeodetapeo17 para a “difusión”, a través das redes sociais, do concurso, tapas e establecementos participantes.

 

10-    VANTAXES PARA OS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

Os establecementos participantes na XII Edición do Ribadeo de Tapeo obterán os seguintes beneficios:

- A realización dunha reportaxe fotográfica das tapas presentadas ao concurso, destinado ao material promocional que se elaborará para a divulgación do mesmo.

- Promoción dos seus establecementos a través da promoción e difusión do propio concurso.

A organización reserva para si o dereito a tomar decisión non reflectidas nas presentes bases de cara a mellorar a organización e xestión do mesmo.

*As comunicación cos estabelecementos serán preferente por correo electrónico

+ INFORMACIÓN

CONCELLO DE RIBADEO. ÁREA DE TURISMO

982 128 689 turismo@ribadeo.org

FACEBOOK RIBADEO DE TAPEO

http://www.facebook.com/RibadeodeTapeo

FACEBOOK ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

http://www.facebook.com/ADLRibadeo

FACEBOOK ÁREA DE TURISMO

https://www.facebook.com/TurismodeRibadeo

TWITTER TURISMO

https://twitter.com/TurismoRibadeo