Barquiña de cabala sobre “pico de gallo”
Descrición
A tapa consta dunha barquiña elaborada con fariña de trigo sobre a que se pon a verdura e a cabala marinada acompañada de pemento confeitado.
Ingredientes
Fariña de trigo, cenoria, cebola morada, pemento vermello, pemento verde, tomate, sal e aceite de oliva.
Elaboración
Elaboramos a barquiña coa fariña de trigo.
Picamos as verduriñas en anacos moi pequenos e procedemos á elaborar o pemento confeitado.
Colocamos as verduras na barquiña e por riba a cabala marinada acompañada do pemento confeitado.
Horario de degustación
Mañá de 13.00 a 15.30 h. Tarde de 19.30 a 23.30 h.