Crocante de crema de queixos con lagostinos, guirlache e trigueiros confeitados

tapa

Ingredientes
Queixo fresco, queixo de cabra, lagostinos, espárragos verdes, pasta “brick”, mel, sal, pementa e ceboliño.

Elaboración
Pelamos os lagostinos e procedemos a acaramelar nunha tixola a lume suave, removendo continuamente para que o mel se mesture e reservamos.
Pelamos e cortamos os espárragos, confeitamos con aceite de oliva a lume suave, sen chegar a ferver. Reservamos.
En frío, mesturamos os queixos e salpementamos. Engadimos os lagostinos torados e os espárragos confeitados e mesturamos ben.
Faremos saquiños coa pasta “brick”, que pecharemos cunha herba de ceboliño.
Fornear a 180º durante cinco minutos.

Horario de degustación
Mañá de 13.00 a 15.00 h Tarde de 19.00 a 22.00 h.


ALÉRGENOS

gluten

Gluten

Llévalo en tu móvil