Ruta do Pincho

Neda (A Coruña)
splash

Información del concurso

O Concello de Neda coa finalidade de promover e dinamizar o sector da hostelería, organiza un ano máis a Ruta do Pincho.

Esta actividade está enmarcada nos actos previos á Festa do Pan de Neda que se celebra o primeiro domingo de setembro.

Oito son os locais participantes: Mesón A Canteira,  Mesón O Fumazo, Cervecería Entreríos, Cervecería - Vinoteca O Lagar,, Café Bar Albarón, Cafetería - Panadería - Pastelería La Barra de Oro, Café Bar Chámalle cómo queiras e Café Bar Hiper Energy.

O Prezo do pincho en todos os establecementos é de 1 €.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

 

  • A Ruta do Pincho 2017 terá lugar os días 18, 19 e 20 e 25, 26 e 27 de agosto.

 

  • Cada hosteleiro/a participante elaborará libremente un pincho para participar no concurso.

 

  • O pincho deberá ir acompañado de Pan de Neda.

 

  • O pincho terá un coste ao público de 1 €.

 

  • Haberá unha distinción, votada polo público, ao pincho máis saboroso, ao mellor presentado e ao máis orixinal.

 

  • A clientela votará por medio dunha cartilla que deberá cuñar en cada un dos establecementos participantes ata completala.

 

  • A cartilla pode conseguirse ao inicio da ruta e depositala completa en calquera dos establecementos participantes.

 

  • O horario para a degustación dos pinchos é o seguinte:

venres de 20 a 23 h.

sábado de 12 a 15 h e de 20 a 23 h.

domingo de 12 a 15 h.

 

  • Cada unha das cartillas completas, optará a un premio de 100 €, a través dun sorteo público que terá lugar trás o Pregón da Festa do Pan, o domingo 3 de setembro. Habendo un total de tres premios de 100€.

 

  • Este premio será recollido a partir do martes 5 de setembro na tesorería do Concello e a persoa gañadora deberá identificarse mostrando o Documento Nacional de Identidade.

 

  • A clientela poderá descargar no su móvil a aplicación quedamosdetapas, onde encontrará información sobre os establecementos participantes así como do pincho a concurso. Podeá valorarse o pincho pero esta valoración non afectará ao resultado.

 

  • Tanto os trofeos como os premios corren a cargo do Concello.

 

  • A presentación ao concurso implica a aceptación das bases do mesmo.

 

  • Organiza Concello de Neda