splash

Información del concurso

A Campaña das Santas Tapas deste ano comeza o mércores 23 ata o domingo 27 de Marzo.

Ata o momento deixámosvos os comercios participantes cas súas respectivas tapas.

  • O CAFÉ DE XULIA
    Tosta de pan de espelta con mousse de patata y carpaccio de pulpo.

  • SAMANÁ RESTAURANTE
    Pimientos rellenos de risoto de chipirones en su tinta con salsa de tomate y bechamel de queso san simón.

  • A CUNCA
    Con dos Huevos.

  • RESTAURANTE ANDALUCIA
    Bombón de salmonejo con aire andaluz.

  • O CANDIL DE SILVIA
    Tosta de rixóns con mazá e rúcula.

  • CAFETERIA VIP
    Isla canónigos.

  • MESÓN DA ESTRADA
    Santa Fusión.

  • O LAR TAPERÍA
    Coulant de pulpo.

  • VELIS NOLIS BISTRÓ
    Raviolis de lacón con grelos.

  • 20BERZAS
    Tosta de lacón asado en vinagreta de tres mostazas.

  • ENREDO
    Tartaleta tartar.

  • OASIS
    Esfera de ternera  y setas.

  • A BODEGUIÑA
    Carrilleras

  • CERVEXERÍA EUREKA
    O secreto da Eureka
Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

 

CONCURSO DE TAPAS EN A ESTRADA 2016

 

ACOE, en colaboración coa hostalería asociada de A Estrada organiza ó Concurso de Tapas  “SANTAS TAPAS”, do 23 de abril  ó  27 de marzo de 2016, có obxectivo de promocionar a restauración local e potenciar o turismo no municipio.

 

Bases:

 

 

 

1)       ÁMBITO DE PARTICIPACIÓN: o concurso “ SANTAS TAPAS “,correspondente a 2016, ten ámbito xeográfico circunscrito aos límites municipio de A Estrada, podendo participar no mesmo calquera establecemento do municipio, adicado á restauración e asociado a ACOE.

 

2)      OBXETO DE PARCIPACIÓNO establecemento participante deberá elaborar unha tapa, sendo os ingredientes de libre elección, a un prezo de venta o público de 1,5 € cada tapa.

 

3)      INSCRIPCIÓN: A inscrición no Concurso é gratuíta para tódolos asociados a ACOE.

 

4)      DIFUSIÓN Y MATERIAL DE PARTICIPACIÓN: ACOE distribuirá entre a hostalería participante cartelería e cartillas de puntuación. Os hostaleiros teñen que ter unha urna para que os clientes depositen as súas cartillas. Estas cartillas de participación estarán a disposición dos clientes nos locais participantes, no Facebook  e na páxina web da ACOE .
 

 

5)      MODO E PERIODO DE PARTICIPACIÓN: as tapas presentadas a concurso deberán estar anunciadas, expostas de forma destacada, así como a disposición do público consumidor en un número suficiente e razoable de unidades ou porcións, do 23 de abril  ó  27 de marzo de 2016. Asimesmo, os establecementos concursantes deberán ter exposto en lugar visible o cartel anunciador do concurso e a urna para depositar ás papeletas do concurso.

 

6)      MODALIDADE DE VOTACIÓN:

 

 

 

a.      Coas papeletas: cando un cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, se non o  fixo con anterioridade a cartilla de votación, na casilla correspondente ó seu  establecemento.

 

b.      A través da aplicación:  este ano utilizaremos a aplicación para móbiles onde poderás votar a tapa. Estas votacións solo serán válidas dende o mércores 23 a noite ata o domingo 27 as 23:00 horas, as votacións fora dese prazo serán eliminadas.

 

Os clientes poden votar tódalas tapas ou parte delas, pero para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:

 

·         Ter os cuños dos establecementos de cada grupo de cor (verde, laranxa e marrón) sendo 9 cuños o mínimo para concursar no sorteo. Sendo 3 cuños por cada ruta.

 

·         Para concursar no sorteo dos 1.000€ terán que ter os cuños dos 14 establecementos.

 

·         Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas sitas nos establecementos hosteleiros participantes .

 

 

 

As papeletas terán que estar depositadas o domingo 27 as 23:00h. coma data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.

 

 

 

7- OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:

 

·         Un 40% de desconto en gafa de sol ou graduada  doado por Nova Visión Óptica.

 

·         Un vale do 20% de desconto doado por Ana Belén Moda Infantil.

 

·         Un vale de desconto do 20%  doado por Regaliz Calzado.

 

·         Un vale do 20% de desconto doado por Moksin.

 

·         Un vale por un chaleco de punto para muller doado por Marietta Moda.

 

·         Unha botella de Magnum de Rioja Vivanco doada por Bar Andalucía.

 

·         6 botellas de sidra doadas por Sidra Ribela.

 

·         6 Botellóns doados por Grupo Codoníu.

 

·         3 agasallos doados por Librería Lolimay.

 

·         3 xoguetes doados por Tiko Doco.

 

·         Un ambientador para casa doado por La Botica de los Perfumes.

 

·         Vale por unha barra de pan diaria durante 1 mes doado por Panadería Cervela.

 

·         Dous vales de desconto de 10€ cada un e dous vales do 20% de desconto de cada un doado por KAAU’S.

 

·         Un agasallo para chica e outro agasallo para chico doado por Meigallo Complementos.

 

·         Dúas baterías externas, dous Pendrives, dúas toallas “vivamos”, dous MP3, Unha táblet e unha cazerola. Todos estes agasallos son doados por Gadisa.

 

·         Unha táblet doada por Gesval. (por confirmar)

 

·         Albumes de fotos doados por Emece Fotógrafos.

 

·         Dez tazas co Logo da ACOE doadas por Coste Cero.(por confirmar)

 

·         O Copión aportou 50€ para o agasallo dos 1.000€.

 

·         Atlantica Abogados aportou 50€ para o agasallo dos 1.000€.

 

·         Presentando a papeleta do concurso Santas Tapas con alomenos un selo, terás desconto na estrada do cine Minicines Central.

 

*Estes descontos non son acumulables a outras ofertas que haxa no momento.

 

 

 

 

 

8)        RECOLLIDA DE VOTOS: Os hostaleiros participantes levarán o luns   28 de marzo 2016 as urnas a oficina da ACOE, e farase o reconto de votos.

 

No será válida ningunha urna que non manteña intacto o seu precinto. Non será válida ningunha papeleta que non cumpra os requisitos esixidos.

 

9)                 RESOLUCIÓN E AGASALLOS: O 1  de abril 2016, darase a coñecer a tapa gañadora  no MOME (Museo do moble) xunto co resto dos gañadores dos diferentes sorteos. É obrigatorio estar presente na entrega, se non perderán o dereito o agasallo recibido.

 

 

 

10)           ACEPTACIÓN DE LAS BASES: a participación no Concurso de Tapas “SANTAS TAPAS” implica a aceptación das súas bases, así como a resolución do mesmo.

 

11)           ENTREGA DO PREMIO: A entrega do premio levarase a cabo mediante acreditación de NIF/CIF por parte do gañador, realizarase no MOME día 1  de abril 2016 a partir das 21:00 horas.

 

Os gastos de desprazamento ao lugar de recolleita do agasallo, así como todo gasto de retirada do mesmo, serán por conta do gañador.

 

No caso de que o gañador non recolla o seu agasallo no día estipulado, perderá automaticamente o seu dereito ao premio, pasando a disposición da ACOE, quen dispoñerá do mesmo para posteriores sorteos.

 

O ganador autoriza á ACOE a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe, en calquera actividade pública e promocional, relacionada co concurso no que resultou gañador, sen que esta utilización confíralle dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio.

 

12)           PARTICIPACION: Os premios do presente sorteo, en ningún caso poderá ser obxecto de cambio, alteración ou compensación a petición do gañador.

 

A ACOE, resérvase o dereito a modificar os premios, por outro de igual ou superior valor promocional de consideralo necesario, comprometéndose, en todo caso a publicar a información a través da súa páxina web “www.acoe.es”.

 

13)           VERACIDAD DOS DATOS: Os datos facilitados polos participantes deberán ser veraces. No caso de que estes fosen falsos, os premios que lles correspondín serán atribuídos á ACOE para posteriores sorteos.

 

14)           RECLAMACIONS: O período de reclamación sobre o resultado do sorteo finalizará transcorridos dez(10) días naturais desde a data de publicación dos resultados de cada un dos sorteos segundo establécese no apartado 11 das presentes bases.

 

15)           MODIFICACION DE BASES E SUSPENSION DO SORTEO: A ACOE, resérvase o dereito a suspender, aprazar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifiquen, así como a modificar as presentes bases, comprometéndose a comunicaras novas bases, condicións, suspensión, aprazamento ou cancelación, no seu caso.

 

16)           RESPONSABILIDADES ALLEAS: En ningún caso a ACOE será responsable dos servizos que calquera outra entidade coa que esta colabore, preste ao agraciado como consecuencia do premio entregado.

 

A responsabilidade da ACOE queda limitada, en exclusiva, á publicación do resultado do sorteo segundo atópase contemplada nestas bases e á entrega do premio á persoa agraciada co mesmo, fóra do anterior, a ACOE non responderá fronte a cales queira tipo de reclamacións que se puidesen formular directa ou indirectamente relacionadas co sorteo, a condición de agraciado ou a retirada do premio no punto designado nestas bases para a súa entrega. Así mesmo, o agraciado deberá dirixirse directamente fronte ao provedor do premio no caso de que o mesmo adoeza de calquera tara ou defecto de fabricación.

 

17)           DEPÓSITO: As presentes bases aparecerán recollidas e dispoñibles ao público na páxina Web da ACOE “www.acoe.es”.

 

18)           XURISDICCIÓN: Para o coñecemento de calquera litixio que puidese suscitarse en canto á interpretación ou aplicación das presentes Bases, tanto a ACOE como os participantes no presente sorteo, sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais da Estrada, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles.