Santiago(é)tapas 2015

Santiago de Compostela (A Coruña)

A Nave de Vidán

A Nave de Vidán

(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)
Horario de apertura
Luns a venres: de 07:30 a 01:00 h.
Sábados e domingos: De 09:00 a 01:00 h.
A cociña pecha ás 16:00 h de tarde e ás 00:00 h de noite
A Nave de Vidán é un novo proxecto cultural e gastronómico para Compostela e a súa comarca.
Unha oferta culinaria baseada nos produtos do país e coas receitas tradicionais actualizadas son a base desta nova proposta de restauración. A Nave de Vidán inicia a súa actividade coa intención de combinar o mellor da gastronomía galega coa posta en escena de espectáculos musicais, culturais ou de ocio.
Un novo espazo de cultura e ocio para Santiago
Como complemento ao Bar-Café e ao Restaurante aparece unha sala que pretende funcionar como un espazo de usos multiples que poda recoller as máis variadas propostas. Dende a música en vivo ata o teatro ou proxeccións de cine. Un espazo limpo e diáfano que tamén se poderá usar de xeito combinado co restaurante ou coa cociña, tanto para banquetes coma para reunións, xornadas, conferencias ou presentacións.
A Nave de Vidán conta tamén cunha ampla carta de viños e con diferentes opcións de menú do día ou de menús concertados para grupos.



Tapas del local