splash

Información del concurso

  • Datas de celebración do concurso: Do 5 ao 28 de maio de 2017

Horario do concurso:

  • Os venres de 20:00 a 22:00 h.
  • Os sábados de 13:00 a 15:00 e de 20 a 22 h.
  • Os domingos de 13:00 a 15:00 horas.

Tapea por Fene, pide que cada establecemento che poña na Fenerruta o seu selo ao degustar a tapa. Cando teñas alomenos 7 selos de tapa creativa e 10 selos de tapa tradicional, xa podes votar polas túas tapas favoritas a través da Fenerruta.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

1. OBXECTO DO CONCURSO:

O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade do sector da hostalería, convoca o X Concurso de Tapas de Fene.

 

2. PARTICIPANTES:

Poderán participar todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Fene, legalmente establecidos previa inscrición no prazo e forma establecido nestas bases.

 

3. MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN:

Establécense dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice productos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras. Todas as tapas deberán ser elaboradas de forma artesanal. Non se aceptarán receitas precociñadas en toda ou algunha das súas partes. A organización resérvase o dereito de non aceptar unha tapa a concurso se considera que non se axusta ás condicións descritas. Neste caso, o establecemento terá a opción de presentar outra tapa ao Concurso en calquera das modalidades. Cada establecemento, unicamente poderá concursar nunha modalidade, tapa tradicional ou creativa.

 

4. PRAZO DE INSCRICIÓN:

A inscrición presentarase no rexistro xeral de entrada do Concello de Fene, dende o día 10 de abril ao 19 de abril de 2017, en horario de 8:30 a 14:00 horas. Para inscribirse deberá cumprimentar debidamente o modelo de solicitude (anexo I). As solicitudes de inscrición serán atendidas por orde de chegada. Non se admitirán as solicitudes remitidas por correo postal que non foran previamente anunciadas por Fax no prazo e hora establecidos para a inscrición. É imprescindible que o local envíe unha foto da tapa antes do día 19 de abril ao correo desenvolvemento.local@fene.gal.

 

5. PREMIOS:

5.1. Premios para os clientes:

Entre todos os votantes que selen correctamente a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:

  • Unha viaxe a Londres, Milán, Barcelona, Madrid ou Málaga (A.D.) Inclúe: Billetes de avión desde Santiago ou A Coruña (según destino) con compañía de baixo coste (inclúe so equipaxe de mán) Estancia de 3 días (2 noites) para dúas persoas en hotel 3*/4* (según destino), en réxime de aloxamento e almorzo. Seguro de asistencia en viaxe. Datas suxetas a dispoñibilidade. Premio por cortesía de Estrella Galicia.
  • Unha escapada rural consistente nunha estancia dunha noite para dúas persoas con almorzo incluído a elexir entre 280 hoteis rurais. Premios por cortesía de Organiza Turismo Y Eventos
  • Seis meses no ximnasio Fitness Fene para unha persoa Premio por cortesía de Fitness Fene.

Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:

  • Un pequeno electrodoméstico Premio por cortesía de Electro Agro Fene.
  • Catro estuches de viño Glorioso (Bodegas Palacio). Premios por cortesía de Exclusivas Rivas Suárez SL.
  • Catro estuches de productos de bodegas Barral. Premios por cortesía de Bodegas Barral.
  • Un mes de clase en calquera modalidade, na Escola de Música Bellón-Maceiras Premio por cortesía de Escola de Música Bellón-Maceiras.
  • Dous libros de cociña. Premio por cortesía de Imprenta San Esteban.

 

5.2. Premios para os establecementos participantes campións:

  • Tapa CREATIVA: trofeo e unha suscrición de 6 meses na Escola Materchef por cortesía de Santa Compaña Producciones.
  • Tapa TRADICIONAL: trofeo e unha suscrición de 6 meses na Escola Materchef por cortesía de BEEP Fene.
  • Tapa POPULAR CREATIVA: trofeo e un libro de cociña por cortesía de Imprenta San Esteban.
  • Ttapa POPULAR TRADICIONAL: trofeo e un libro de cociña por cortesía de Librería Albada Subcampións:
  • Tapa CREATIVA: trofeo.
  • Tapa TRADICIONAL: trofeo.
  • Tapa POPULAR CREATIVA: trofeo.
  • Tapa POPULAR POPULAR: trofeo.

*Os premios por cortesía das empresas colaboradoras non serán por conta do Concello de Fene, podendo variar tanto as empresas colaboradoras como os premios patrocinados, garantíndose en todo caso outros premios similares ou equivalentes.

 

6. FASES DO CONCURSO: 

6.1.- Presentación:

Antes do comezo do concurso, realizarase unha presentación aos medios de comunicación para explicar as bases e as características do certame.

 

6.2.- O Concurso:

Desenvolverase dende o día 5 de maio ao 28 de maio de 2017. Os días da semana nos que se poderá degustar a tapa serán, os venres, sábados e domingos.

O horario no que a tapa estará obrigatoriamente a disposición do cliente será:

  • Venres de 20:00 a 22:00 horas.
  • Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas.
  • Domingos de 13 a 15:00 horas

O local poderá ampliar o seu horario para a degustación da tapa, se o estima oportuno. Os establecementos participantes deberán ter expedida ao público a tapa coa que participan durante o horario de obrigatorio cumprimento e nas datas establecidas. As tapas do concurso serán gratuítas. Cada participante deberá informar aos clientes de que se está a celebrar o X Concurso de tapas coa finalidade de promócionalo e dalo a coñecer entre os clientes. Entregarase un cartel de participación no que aparecerá o nome do establecemento e o nome da tapa coa que concursa. Así mesmo terán un selo para selar a FENERRUTA. Distribuirase unha urna e cupóns de votación en cada un dos establecementos participantes. Na urna depositaranse as tarxetas e Fenerrutas cubertas polos clientes, para o sorteo dos premios.

 

6.3.- Selección de finalistas:

  • TAPA CREATIVA OU TAPA TRADICIONAL

Un xurado que será designado pola Alcaldía degustará as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha. Os integrantes do xurado encargaranse de seleccionar as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa. Nos horarios abertos para os clientes durante o concurso, o xurado de forma anónima visitará o establecemento para degustar e avaliar a tapa das categorías creativa e tradicional, identificándose como membro do xurado ao final da súa degustación, momento no que entregará ao participante un documento no que deberá asinar como xustificante do seu paso polo local. O xurado reunirase a deliberar o día que designe o alcalde e decidirán un campión e un subcampión para cada modalidade. En caso de empate, gañara o que máis puntuación obteña na seguinte orde: creatividade, sabor e presentación. O xurado estará presidido polo señor alcalde-presidente do Concello de Fene ou concelleiro en quen delegue e composto por tres vogais nomeados para tal efecto pola Alcaldía :

  1. Un/unha representante dunha Escola de Hostalería ou cociñeiro da comarca. 
  2. Un/unha representante do asociacionismo do sector da hostelería.
  3. Un cociñeiro/a de recoñecido prestixio ou profesional da hostalería Actuará como secretaria/o persoal da área de promoción económica, con voz pero sen voto.

Unha vez realizada a selección dos gañadores publicarase a decisión do xurado mediante anuncio nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Fene (www.fene.gal)

 

  • CRITERIOS DE VALORACIÓN DO XURADO:

O xurado degustará as tapas e avaliará cada unha tendo en conta os seguintes aspectos e baremo:

  1. Ingredientes: Ata 7 puntos. 
  2. Elaboración: Ata 7 puntos. 
  3. Creatividade: Ata 7 puntos. (So se valorará no caso da tapa creativa) 
  4. Sabor: Ata 7 puntos. 
  5. Presentación: Ata 7 puntos. 
  6. Concepto de tapa: Ata 7 puntos. Unha tapa debe ser pequena e pode degustarse en dous ou tres bocados.

 

  • TAPA POPULAR CREATIVA OU TAPA POPULAR TRADICIONAL

Os gañadores decidiraos o público para o que se elaborará un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer os establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso. O cliente que deguste como mínimo o 80% das tapas de cada modalidade do concurso terá a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa nas modalidades creativa e tradicional. Só serán válidos os votos da FENERRUTA que esté selada correctamente.

O reconto de votos da Fenerruta será realizado por: 

  1. D.Juventino José Trigo Rey, alcalde de Fene, ou persoa en quen delegue. 
  2. D. Sergio Pico Rey presidente da asociación de comercio, hostalería e servizos de Fene “O Cruceiro”, ou persoa en quen delegue. 
  3. Dª. Mª Belén Souto Calvete, que actuará como secretaria.

A tapa que teña máis votos terá o premio á tapa popular creativa e á tapa popular tradicional. Haberá 1 campión e 1 subcampión por cada modalidade. En caso de empate, gañará o local que máis tarxetas de clientes recolla na urna.

 

6.4.- Entrega dos premios:

A entrega de premios aos gañadores de tódalas modalidades de tapas realizarase en acto público que terá lugar na data que determine o sr. alcalde-presidente. Neste acto desvelaranse os gañadores e procederase á realización dos sorteos aos que optan os clientes.

Os sorteos realizaranse da seguinte maneira: Nunha urna introduciranse tódalas Fenerrutas seladas correctamente e noutra urna introduciranse as tarxetas cubertas e que previamente foron recollidas nos establecementos participantes. Por cada premio extráerase unha tarxeta gañadora e unha suplente para o caso en que no se de contactado co gañador ou esté mal cumprimentada.

 

7. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

Durante algúns días do concurso haberá unha animación pola rúa que animará á xente a entrar nos establecementos e participar no concurso.

 

8. DEREITOS DE IMAXE

As persoas participantes e/ou premiadas ceden os seus dereitos de imaxe para as reportaxes fotográficas informativas e promocionais relacionadas con este concurso en calquera soporte divulgativo (prensa escrita, web, etc.)

 

9. ACEPTACIÓN DAS BASES

A presentación ao concurso implica a aceptación das bases do mesmo.