splash

Información del concurso

Ribadeo de Tapeo 2016

Teño a grata sensación que Ribadeo de Tapeo, logo de xa once anos é mais, moito mais que tapas. A xente agarda con ilusión esta cita gastronómica para saír a disfrutar con amigas e amigos das propostas creativas, unidas á tradición das nosas cociñeiras e cociñeiros.

Momento de redescubrir entre olores e sabores  lugares tradicionais e novas apostas. Aproveitar para ir aqueles sitios nos que era difícil marchar nos vellos tempos, sacar esa espiña de enriba e convocar aos teus achegados,  cos que te encontras tantas veces na rúa despedíndote cunha cita tan común como pouco habitual á hora de facela realidade: “A ver cando quedamos pa tomar algo?”

Moitos destes pequenos momentos gastronómicos van unidos á peregrinaxe de cantar e comer de bar en bar disfrutando do local, dos produtos  da nosa terra e do noso mar, vestidos para enchernos a vista e o gusto.

Sendo conscientes, de que moitos reclaman a modernización e innovación como clave do éxito para a diferenciación, desde o concello queremos apostar por revalorizar as nosas tradicións, recuperar a memoria das cousas esquecidas, aprender a desaprender, a redescubrir un pasado que non pasa.

Con este espírito queremos voltar a pasearnos polos mercados locais, a unirnos nos bares de sempre e coa xente de sempre  ao son da música cos Cantos de Taberna. Mestúranse na miña cabeza recordos de tanta xente compartido un viño e cantando na Cosechera, no Venecia etc…!!!!!

O valor do pequeno, en ocasións coma esta, é grande, a esencia da vida ben vivida, aprezando o labor da colectividade, da amizade, toda unha cadea de profesionais e persoas que son a alma do Ribadeo de Tapeo.

Sen mais queremos, a ritmo de cociña, levantar os ánimos e o apetito.

Larpeiros do mundo unídevos e vinde a Ribadeo a cantar e tapear!!!!!

Ana María Martínez,

Concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local.

Compartir
¿DÓNDE ESTÁ?

Llévalo en tu móvil

Bases del concurso

BASES CONCURSO RIBADEO DE TAPEO. XI EDICIÓN 

 

1- ORGANIZACIÓN , PARTICIPANTES E CALENDARIO 

A organización do XI Concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” está promovido polo departamento da Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello de Ribadeo. 

1.1 Poderán participar todos os establecementos hostaleiros e de restauración de Ribadeo que se inscriban a tal fin e acepten estas bases, en calquera das súa tipoloxías: bar, mesón, restaurante e cafetería. 

1.2 O evento ten como fin apoiar o desenvolvemento da cultura de tapas e fomentar a calidade da gastronomía da vila. A celebración do concurso levarase a cabo do 21 ao 29 de maio, ambos os dous incluídos.

 

2- TAPAS 

2.1 Cada establecemento poderá presentar 1 tapa como máximo, a un prezo de 1.30 euros, podendo ser frías ou quentes. As tapas presentadas ao concurso deberán ser ofertadas ao público durante os días de celebración do mesmo agás os días de peche oficiais de cada estabelecemento (aqueles que non teñen día de descanso, poderán establecer un día de descanso) O horario de servizo das tapas deberá ser como mínimo de 2 horas en horario de mañá-mediodía e 3 horas de tarde, agás aqueles estabelecementos que xustificadamente acrediten que o seu horario habitual é ou ben de tarde ou ben de mañá. 

2.3 Todos os estabelecementos participantes están obrigados a presentarlle á organización fotografías da súa tapa con anterioridade ao 28 de abril. A organización porá un fotógrafo/a gratuíto a disposición dos estabelecementos. Para tal fin o fotógrafo/a e hostaleiro/a deberán concertar necesariamente a data entre os días 22 e 28 de abril, respectando na medida do posible as quendas por zonas que establecerá o fotógrafo/a e/ ou a organización. 

 

2-PREMIOS 

Primeiro Premio do Xurado: Premio á mellor tapa, que consistirá en Diploma e placa. 

Segundo Premio do Xurado: á segunda mellor tapa que consistirá en Diploma e placa. 

Terceiro premio do Xurado: á terceira mellor tapa que consistirá en Diploma e placa

Premio “ Tapa do Público” que será a tapa máis votada polos clientes. Premio dotado con Diploma+ placa 

Premio á mellor barra, que será a máis votada polos clientes e na que se valorará a ambientación do local, a profesionalidade no servizo ( atención, rapidez, información sobre o concurso ) as instalacións ( conservación, orde, limpeza e adecuación así como a experiencia global cos clientes . Premio dotado con Diploma+ placa 

Premio “ Tapa de Ribadeo” . Será a mellor tapa realizada con produtos da zona. Premio dotado con diploma+ placa.

A organización resérvase o dereito de conceder mencións especiais a aqueles petiscos que o consideren. 

Os premios do Xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa.

 

3-PRAZO DE INSCRICIÓN 

O prazo para a presentación no concurso rematará o día 21 de abril do 2016, ás 14:00 h. A candidatura presentarase no Rexistro do Concello coa seguinte documentación: 

 Boletín de inscrición debidamente cumprimentado, que deberá levar o selo do establecemento inexcusablemente 

 Ficha técnica da receita/s, descrición do estabelecemento e COORDENADAS GPS 

 Indicar se desexan ser ESTABELECEMENTO COLABORADOR: Serán establecementos colaboradores aqueles que donen un premio que poderá consistir nunha cea / comida ou aquel outro que o estabelecemento decida. Estes premios sortearáse entre o publico que realice as diferentes rutas do tapeo. Os estabelecementos colaboradores contarán cun espazo especial na publicidade que se faga do evento. 

 

A organización reserva o dereito de excluír aqueles estabelecementos que non acheguen a documentación que se require. Ata o comezo do concurso a organización comprométese a gardar un estrito segredo profesional o nome e descrición das tapas ou petiscos.

 

4-CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN 

1- As tapas presentadas deberán figurar na oferta habitual do estabelecemento como mínimo durante os días de celebración do concurso exceptuando os días oficiais de peche do estabelecemento, que deberán ser detallados na ficha que se xunta e durante o mínimo de horas que se recolle no punto 3.1. Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo. 

2- Exhibir nun lugar visíbel do interior do estabelecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso Ribadeo de Tapeo 

3- Colocar, nun lugar visíbel e accesíbel, a urna deseñada ao efecto, na que o público depositará os votos que lle outorga a cada tapa. 

4- Dentro do estabelecemento, indicar e diferenciar de maneira visíbel na súa oferta as tapas que participen no Concurso. 

5- Dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as posíbeis futuras edicións do mesmo. 

 

É motivo de expulsión do Concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí estabelecidas. 

 

5- SELECCIÓN E XURADO 

 

A organización reservase a posibilidade de realizar dúas quendas de selección; onde se escollerán os finalistas e premiados. Na primeira quenda o xurado de preselección poderá estar dividido por equipos que percorrerán as diferentes zonas propostas pola organización na que se escollerán aos finalistas segundo os criterios establecidos. Un xurado finalista que será quén escollerá os premios gañadores. Así mesmo, organización poderá convocar aos participantes a presentar nun local a tapa/s presentadas nun único local de cara a facilitar o labor do xurado. Nesta edición, e como colaboración dos establecementos participantes as tapas degustadas por ambas quendas do xurado deberán ser ofrecidas gratuitamente.

 

6. CRITERIOS DE VALORACIÓN 

Os criterios de valoración do xurado oficinal serán os seguintes: 

1. Elaboración da tapa, puntuarase de 0 a 10 

2. Olor, textura e sabor, puntuarase de 0 a 10 

3. Presentación , puntuarase de 0 a 5 

4. Calidade do servizo , puntuarase de 0 a 5 

5. Orixinalidade e creatividade, puntuarase de 0 a 5 

 

Queda á decisión da Organización como organizar estas visitas, dividindo en grupos ou equipos co obxecto de que se visiten todos e cada un dos establecementos.

 

PREMIO AO PÚBLICO : Este premio será seleccionado polos clientes. As votacións poderán realizarse nas urnas situadas nos estabelecementos participantes. O premio do público, será o que obteña a mellor puntuación media, resultante de dividir o total de votos obtidos entre o total de votos emitidos. 

A mesma metodoloxía será a empregada para o PREMIO Á MELLOR BARRA 

Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento. 

O fallo do xurado será inapelable. A organización reserva para si o dereito a tomar decisión non reflectidas nas presentes bases de cara a mellorar a organización e xestión do mesmo. 

 

*As comunicación cos estabelecementos serán preferente por correo electrónico

 

+ INFORMACIÓN 

CONCELLO DE RIBADEO . ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL 

982128650 adl@ribadeo.org 

FACEBOOK RIBADEO DE TAPEO 

http://www.facebook.com/RibadeodeTapeo 

FACEBOOK ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL 

http://www.facebook.com/ADLRibadeo 

https://www.facebook.com/TurismodeRibadeo 

TWITTER TURISMO 

https://twitter.com/TurismoRibadeo