ArteSana
(é)tapa 4 Praza Roxa (patrocinada por Bodegas Alanís)
Días de peche: Domingo
Horario de tapas: 13.00-15.00 / 20.30-23.00
O concepto popular das racións no clásico bar de toda a vida adquire no gastrobar unha dimensión de creatividade que o achega á alta cociña. O Gastrobar, denomínase así a un bar-restaurante que procura achegar a alta cociña ás clases máis populares servindo pratos de autor a prezos asequibles (polo menos esa é a intención en moitos casos). A denominación do gastrobar reúne por un lado a elaboración estudada da Gastronomía coa rapidez popular dun establecemento como pode ser unha simple barra. A diferenza dun bar común no que se come de pé, nos gastrobares existe un servizo de mesa. O gastrobar nace como inspiración dos gastropubs ingleses.